I Xornadas de Software Libre na Educación en Galicia




O 22 e 23 de Outubro do 2004 celebraronse as "I Xornadas de Software Libre na Educación en Galicia" na Escola Técnica Superior de Enxeñería en Santiago de Compostela.


Estas Xornadas pretenderon introducir a alternativa do Software Libre como instrumento de transmisión do coñecemento e medio de traballo cotiá, máxime cando precisamente é a "libre" transmisión do coñecemento a razón de ser deste software e todo o seu campo de influencia: documentación, investigación, tecnoloxía, arte, ...


Os obxectivos destas xornadas podense resumir nos seguintes puntos:
  • Amosa-las características didácticas do Software Libre e as súas vantaxes de utilización no ámbito educativo.
  • Analiza-las posibilidades docentes destes sistemas e programas amosando aplicacións prácticas.
  • Difundi-las actividades que se están a desenvolver actualmente en Galicia no ámbito do Software Libre.

Horario e documentación das ponencias:

Venres

Tarde

Hora

Título

Documentación

16:00 ás 16:30

Recepción ós asitentes

16:30 ás 17:00

Inauguración dos Cursos

17:00 ás 18:30

Introducción ó Software Libre

Roberto Brenlla e Manuel Morán

Formatos:

[ sxi ]
[ pdf ]

18:30 ás 19:00

Descanso

19:00 ás 20:00

Software Libre nun instituto

Pedro Reina
Formato:
[ zip ]

Notas sobre os formatos:
  • O fomato [ sxi ] podese abrir e modificar usando OpenOffice.org (parar Windows, Linux, Mac ou Unix).
  • O fomato [ pdf ] podese abrir co Acrobat Reader (tamén é multiplataforma).
  • Os arquivos [ zip ] [ tgz ] son arquivos empaquetados (tar) e comprimidos (gz) ou so comprimidos (zip), para abrilos podes utilizar as aplicacións típicas para manexar arquivos comprimidos.

Estas presentacións están dispoñibles para a súa libre copia, modificación e distribución segundo as licenzas Creative Commons e GNU-FDL (Free Doc License).

Sábado

Mañán

Hora

Contidos

Documentación

09:00 ás 11:00

Instalacións de Sistemas GNU/Linux

José Antonio Salguiero (Entorno Gnix)
Formato:
[ sxi ]  


11:00 ás 11:30

Descanso

11:30 ás 13:00

Deseño Gráfico aplicado ó ensino

Denís Fernández Cabrera
Formato:
[ tgz ]

13:00 ás 14:00

Mesa de Empresas

Tarde

16:30 ás 17:30

GNU/Linux en ámbitos educativos e científicos

David López Moreno (Wikipedia)
Formato:
[ tgz ]

Juan Antonio Añel Cabanelas (ILEX)
Formato:
[ sxi ]

17:30 ás 18:00

Descanso

18:00 ás 19:00

Plataformas de tele-ensino Open Source

Jesús Arribi (Aula Cesga)
Formato:
[ sxi ]

Marta Capdevilla (Proxecto JOIN)
Formato:
[ sxi ]

19:00 ás 20:00

Software Libre nunha Intranet Educativa

Enrique Ocaña
Formato:
[ sxi ]

20:00 ás 20:30

Avaliación e clausura

As xornadas contaron cos seguintes ponentes:


Para calquera dúbida ponte en contacto con:

Estas xornadas foron coordinadas polos LUGs galegos (GNU/Linux Users Groups).

E ademais colaboraron as seguintes entidades:
Escola Tecnica superior de Enxeñería - USC